10/2/16

VIVA O ENTROIDO !!!!!

A semana pasada foi aínda máis divertida do habitual e tamén un tanto tola. Isto debeuse aos Mandados do Meco e a celebración do Entroido no cole. Así pasaron os días...

O luns uns estupendos bigotes de Dalí:

O martes caracterizados coas famosas flores e cellas de Frida kahlo:

O mércores puxemos unhas perrucas como Andy Warhol:

O xoves tocou sombreiro e gafas imitando a Castelao:

E por fin o venres chegou o día de celebrar o Entroido no noso Cole do Con. Desta vez fomos disfrazados das Meninas de Velázquez. Despois de traballar moito moitísimo nos obradoiros para confecionar os nosos disfraces coa axuda das mamás e papás, quedamos así de fantásticos.


¡Samba, samba, samba olelé!