17/4/17

PROCURA DE OVOS DE PASCUA

Como non podía ser doutra maneira, despedímonos en vacacións coa procura de ovos de Pascua. Cada un tivemos que buscar un ovo coa nosa foto e mesmo tivemos que axudar a compañer@s a atopar o seu. Foi moi divertido!!



FOGUETES Ó ESPACIO!

No taller de experimentos estiveron a preparar uns foguetes preciosos que por fin puideron lanzar ao espazo!! voaron moi alto e pasámosnolo xenial durante o lanzamento, aquí deixámosvos mostra de iso!



ZIPI Y ZAPE

Tivemos outra visita inesperada!!! Neste caso trátanse de Zipi e Zape, as tartarugas que Martín nos trouxo para pasar un día connosco no cole.



INVESTIGANDO SOBRE A IDADE MEDIA

Este curso estamos a traballar a Idade Media e, para iso, habemos ido achegando información, materiais e xogos relacionados coa mesma. A medida que os imos traendo, explicámoslle aos nosos compañeiros de que se trata e realizamos trabajitos relacionados con iso para poder afianzar os contidos.

É un tema que nos está gustando moito, así que seguiremos traballando niso durante este último trimestre.

Xa coñecemos como era a sociedade na idade media, quen vivían e onde así como a función que cumprían cada un deles. Tamén  nos centramos moito en como eran os castelos xa que é algo que chamou moito nosa atención desde un principio.

Como sempre que falamos da Idade Media véñennos nun primeiro momento á cabeza os cabaleiros, estivemos coñecendo como deberiamos vestirnos para ser como eles, e cales eran as armas que utilizaban para poder defenderse.

E aínda temos moitas curiosidades máis por resolver!!



AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Durante semana no cole estivemos a traballar e desenvolvendo diferentes intelixencias, a uns dánsenos mellor unhas cousas e a outros outras; con este enfoque preténdese que todos os niñ@s poidan atopar o seu sitio no cole e sentan acollidos, así como que teñan a oportunidade de desenvolver aqueles aspectos que lles poidan custar máis.

A programación que seguimos para desenvolvela foi a seguinte, partindo sempre de actividades lúdicas onde aprender sexa divertido:

- A semana do 23 ó 27 de Xaneiro, traballamos a intelixencia musical que xa vimos no blogue

- A semana do 30 de Xaneiro ó 3 de febreiro a intelixencia matemática, que tamén comentamos no blogue.

- Durante os ensaios para o conto representado no entroido "Waking Dragons" estivemos a desenvolver diferentes intelixencias como a lingüística e interpersoal. A través da expresión do conto  en castelán e inglés, interpretación con xestos do texto...

- A semana do 6 ó 10 de Marzo desenvolvemos actividades para traballar a cinética - corporal. A partir do xogo das estatuas, seguir as indicacións dos compañeiros para colocar a cola do burro no sitio adecuado; partir dun cadrado para crear un castelo; realizar unha procura do tesouro tendo que seguir pistas para montar un quebracabezas...

- A semana do 13 ao 17 de Marzo traballamos a intelixencia intrapersonal. A través do traballo coas emocións propias e dos demais; deixar aflorar as sensacións que nos provoca a música para plasmalo en debuxos...

- Por último, a semana do 27 ao 31 de Marzo traballamos a intelixencia naturalista. Para iso fixemos pintura de dedos caseira para decorar as nosas macetas, creamos unha compostera, plantamos esquejes, desenvolvemos a nosa creatividade a partir de materiais naturais como area, pedra, paus, herba...



7/4/17

OBRADOIRO DE GRAFISMOS

Durante estes dous trimestres estivemos traballando os grafismos dunha maneira diferente e con materiais diferentes:

- Ceras
- Rotuladores
- Temperas

Convertémonos en "chefs" cociñando debuxos a partir do libre de Hervé Tullet que ten ese título.








VISÍTANOS CLOVER

O outro día tivemos unha visita moi especial, Clover o hámster de Claudia que pasou unha maña connosco.



5/4/17

Semana da Intelixencia matemática

Durante a semana do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro, estivemos a traballar a nosa intelixencia matemática, para o que fixemos moitos xogos divertidos por exemplo:

- Un supermercado no que a lista da compra era en forma de figuras xeométricas para despois elaborar unha receita con elas.

- Fixemos series con nostros mism@s, clasificámonos por formas xeométricas en grupos...
- Tivemos que escoitar ordes para saber cantos nos podiamos meter dentro de cada aro
- Fixemos unha procura do tesouro tendo en conta as pistas....



22/2/17

DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz e non violencia, pondo especial énfase neste día, pero tentando traballar este aspecto todos os días do ano. É un valor moi importante que temos que educar e lograr para vivir nunha sociedade na que nos respectemos uns a outros.

O que fixemos a sido compartir intres de convivencia coas nosas familias decorando a nosa man e escribindo o que supón para nós a paz e despois unimos todas as nosas mans en símbolo de forza por lograla.


6/2/17

SEMANA DA INTELIXENCIA MUSCIAL

Durante a semana do 23 ó 27 de Xaneiro de 2017, no Con estivemos a traballar a partir da intelixencia Musical.

O que fixemos foi que, cada día, todos xuntos participamos en actividades relacionadas con esta intelixencia na que traballamos:

- Diferentes sons a partir dos cales tivemos que movernos ó son e cando se produce silencio converternos en estatuas.

- Outro día estivemos a adiviñar qué canción  soaba mostrando só unha parte da mesma

- Noutra ocasión xogamos a intrepetar son-acción, por exemplo un toque de pandero cunha palmada; dous toques patada no chan e tres toques un salto. 

- Outra das actividades consistía nos aros musicais onde tiñan que bailar a música que soaba e cando esta paraba métense dentro dun aro compartíndoo cos compañeiros, xa que estes ían desaparecendo. 

Por último, visitáronnos un grupo de gaiteiros cos que estivemos a facer xogos moi divertidos e ensináronnos a bailar baile tradicional galego!. 

Tamén trouxemos a clase información sobre personaxes que dedicaron a súa vida á música. Os que achegamos foron os do Río coa "macarena", Michael Jackson con "Thriller" e Elvis Presley. 

Pasámosnolo xenial!





21/1/17

USOS DA BIBLIO NO COLE

A biblioteca do cole é un lugar que nos gusta moito por ser un espazo moi diferente ó que estamos afeit@s. Non hai mesas por todo o espazo, é un espazo máis aberto, con sofás cómodos nos que poder ver contos, levar contos prestados a casa... pero ademais estámola utilizando para facer actividades en gran grupo, por exemplo: actividades a través da pantalla dixital que nos permite distribuírnos como queiramos, mesmo tirarnos no chan!, vemos xogos que traen os nosos compañeir@s relacionados co proxecto que construímos xuntos, vemos a película de playmobil da idade media que un compañeiro quixo compartir connosco, eliximos o conto que queremos levar para casa o fin de semana...


Lembramos que a biblioteca permanece aberta ous Luns, Martes e Mércores de 4 a 5 e que poden levar contos prestados para casa.


19/1/17

XOGOS DE LÓXICA - MATEMÁTICA

Durante o primeiro trimestre, estivemos xogando con distintos xogos que nos axudaban a traballar o pensamento lóxico-matemático dunha maneira divertida e en grupos pequenos onde nos axudamos mutuamente.

Algúns dos xogos que utilizamos foron:

- As series de números.
- A grafía - cantidade dos números con distintos materiais (rotuladores, plastilina...)
- Buscamos o resultado para as sumas, axudándonos cos dedos, bloques de construcións...
- Bautizamos un xogo co nome "O cabalo", que consiste en tirar o dado, decidir se avanzamos ou retrocedemos as casas que nos indican na nosa tablilla de números.
- Buscamos os amigos dos números a partir da descomposición na casiña dos números.
- Aprendemos a xogar ó dominó, que nos axuda a respectar as quendas
- A xogar á oca e "un pouco" ó parchís, que do mesmo xeito que o dominó, axúdanos a aprender a esperar a nosa quenda.



Durante este trimestre, iremos aumentando os nosos xogos!! 

16/1/17

NOVOS EQUIPOS E TAREFAS

Como empezamos un novo trimestre, cambiamos de equipos para poder interactuar con compañeir@s diferentes. Do mesmo xeito, cambiamos a nosa responsabilidade que, cando temrine o mes de xaneiro, cada un avaliaremos como se nos deu a nosa tarefa.

Os novos equipos que formamos foron:

- Equipo Do Nadal
- Equipo Papa Noel
- Equipo Elfo


Como se pode ver nos nomes dos novos equipos o nadal segue moi presente...

De momento estamos moi contentos coa nova distribución de mesas, equipos e compañeir@s!






UNHA SORPRESA DE PAPA NOEL

Á volta de vacacións atopámonos cunha gran sorpresa... Papa Noel deixáranos un agasallo!!

Tiña unha nota, primeiro a limos, despois abrímolo e descubrimos que era un xogo para o noso recuncho de lóxica-matemática.. Aprendemos xuntos a xogar e pasámonolo xenial!!