28/12/16

FESTA DO NADAL


Antes de chegar o día da celebración do festival de Nadal, estivemos a decorar a aula e o colexio. Decoramos a porta da clase cun boneco de neve; para o corredor fixemos círculos para construir unha árbore e así imitar o salón dunha casa coas nosas fotos para o que nos puxemos moi guap@s. Como nos dixeron que Papa Noel pasaría a facernos unha visita, escribimos a nosas cartas con moita ilusión e incluso axudándonos entre nós. Durante a semana tamén nos visitaron do centro de día "contigo" cos que compartimos panxoliñas e foron os primeiros en ver as nosas actuacións. 
Por último, gozamos do último día do ano no cole xunto coas nosas familias e coa visita de Papa Noel! 

Para todas aquelas persoas que non puideron estar na festa, no seguinte vídeo móstrase un dos ensaios  que fixemos. 


FELICES FESTAS!!! Verémonos o ano que vén!




18/12/16

VISITA A CORREOS

O Venres fixemos unha saída moi especial, fómonos a correos para que selasen as nosas cartas e poder metelas na caixa de correos e, así os carteir@s tráiannos a casa a felicitación tan bonita que preparamos para as nosas familias. 






6/12/16

O Outono

Gozamos desta estación saíndo ó patio do cole a ver os cambios que se produciron así como pola contorna do cole. Aproveitamos que había moitas follas tiradas polo chan para deixar voar a nosa imaxinación e cada un realizar a súa obra de arte coas follas do outono. 





Non podiamos terminar o outono sen celebralo, así que nos puxemos moi guap@s para celebrar o San Martiño coas nosas familias e cantarlles unha canción antes de degustar unhas ricas castañas. 

Pasámolo en grande! 




Un SAMAÍN de medo!

Para celebrar o Samaín fixemos diferentes actividades ata chegar ó día da celebración.

Primeiro decoramos cabazas  moi chulas coas nosas familias para adornar o cole:







Despois, apareceu un monstro no cole coa misión de axudarnos a desprendernos dos nosos medos, cada un contou o seu medo, escribiuno nun papel e deullo para comer ó monstro para sacarse esa carga de enriba:


 













Tamén decoramos unhas caveiras que fixemos que cobrasen vida: 





Por último pasamos un gran día, para o que nos puxemos unhas vestimentas moi terroríficos, que aproveitamos para gravar unha curtometraxe:






4/12/16

Estamos de volta!

Xa estamos de volta, un curso máis e un moi importante. Xa somos os maiores do cole porque estamos na clase de 5 anos!.

Este curso imos gozar moito porque será o último que imos estar no cole.

Iremos actualizando o blog cos acontecementos máis importantes que estivemos celebrando neste primeiro trimestre.

18/6/16

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Por fin chegou o día que tiñamos sinalado no almanaque da aula... o xoves a primeira hora da mañá saímos de Moaña no autobús para ir pasar o día no Camping Fieitás, no Gove.
Alí fixemos actividades e xogamos un montón, tamén tiñan unhas super camas elásticas nas que dar chimpos ata non poder máis. A hora da comida foi un momento agradable cos compis, despois de tanto movemento tiñamos moita fame e comemos moi ben.
Despois de repoñer forzas demos un pequeno paseo ata o bosque e desfrutamos da natureza e dos xogos.
Para rematar volvemos ao camping para tomar un bocata antes de ir ao autobús para marchar á casa.
Viñemos cansos pero valeu a pena. Aquí quedan unhas fotiños de recordo.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free picture slideshow

13/6/16

PINTANDO A PRIMAVERA

Durante este curso coñecemos algúns pintores a as súas obras máis representativas. Como aquí no cole do Con o que sobra é arte, tamén quixemos facer como os verdadeiros artistas e preparados con cabalete e paleta para as cores dedicámonos a pintar a primavera. Podedes ver polas cariñas das fotos a máxima concentración no que estaban a representar e o interese que lle poñían. A obra final a poderedes desfrutar dentro de pouco pois xa non queda nadiña para acabar o curso e levar os traballos feitos.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free picture slideshow by Smilebox

12/6/16

MIRÓ TAMBIÉN ERA ESCULTOR... Y NOSOTROS!!!!!

Después de conocer varias pinturas de Miró descubrimos que también hacía esculturas. Vimos algunas de ellas en la pizarra digital y decidimos reproducir una de ellas que se llama "Mujer y pájaro", la cual está situada en el parque Joan Miró de Barcelona. La figura de 22 metros de altura, fue realizada en hormigón y su exterior está recubierto con trozos de cerámica de los colores más usados por el artista en sus obras (azul, rojo, verde, amarillo y negro). Nosotros utilizamos dos rollos de papel, uno largo y otro corto, para montar la figura. Con pinturas de los mismos colores pintamos a trocitos los cartones y después con pasta para modelar hicimos el pájaro con forma de luna tal y como lo representaba Miró. Estas esculturas quedaron tan vistosas como la auténtica. Mirad...























11/6/16

CUMPLES DE MAYO

En este pasado mes de mayo tuvimos en el cole dos celebraciones de cumpleaños. Martín y Fanny cumplieron cinco años y quisieron compartirlo con sus compañer@s. Todos les deseamos muchas felicidades!!!!!!.





<



22/5/16

Seguimos de saídas!

Dende a ludoteca de Moaña chegounos unha invitación para ir de visita e pasar un rato divertido. Como o ano pasado o pasamos tan ben non o pensamos dúas veces e alá fomos dando un paseíño. 
O chegar á ludoteca dividímonos en dous grupos xa que ten dúas plantas. Na de abaixo hai un montón de recunchos cunha chea de xoguetes. Na de arriba ten unhas mesas  nas que fixemos un traballo moi chulo de arte e tamén hai xogos de mesa, puzzles, disfraces...
Dende logo que valeu a pena ir ata alí co ben que o pasaron os nen@s. Grazas pola invitación!!!!