28/12/16

FESTA DO NADAL


Antes de chegar o día da celebración do festival de Nadal, estivemos a decorar a aula e o colexio. Decoramos a porta da clase cun boneco de neve; para o corredor fixemos círculos para construir unha árbore e así imitar o salón dunha casa coas nosas fotos para o que nos puxemos moi guap@s. Como nos dixeron que Papa Noel pasaría a facernos unha visita, escribimos a nosas cartas con moita ilusión e incluso axudándonos entre nós. Durante a semana tamén nos visitaron do centro de día "contigo" cos que compartimos panxoliñas e foron os primeiros en ver as nosas actuacións. 
Por último, gozamos do último día do ano no cole xunto coas nosas familias e coa visita de Papa Noel! 

Para todas aquelas persoas que non puideron estar na festa, no seguinte vídeo móstrase un dos ensaios  que fixemos. 


FELICES FESTAS!!! Verémonos o ano que vén!




18/12/16

VISITA A CORREOS

O Venres fixemos unha saída moi especial, fómonos a correos para que selasen as nosas cartas e poder metelas na caixa de correos e, así os carteir@s tráiannos a casa a felicitación tan bonita que preparamos para as nosas familias. 






6/12/16

O Outono

Gozamos desta estación saíndo ó patio do cole a ver os cambios que se produciron así como pola contorna do cole. Aproveitamos que había moitas follas tiradas polo chan para deixar voar a nosa imaxinación e cada un realizar a súa obra de arte coas follas do outono. 





Non podiamos terminar o outono sen celebralo, así que nos puxemos moi guap@s para celebrar o San Martiño coas nosas familias e cantarlles unha canción antes de degustar unhas ricas castañas. 

Pasámolo en grande! 




Un SAMAÍN de medo!

Para celebrar o Samaín fixemos diferentes actividades ata chegar ó día da celebración.

Primeiro decoramos cabazas  moi chulas coas nosas familias para adornar o cole:







Despois, apareceu un monstro no cole coa misión de axudarnos a desprendernos dos nosos medos, cada un contou o seu medo, escribiuno nun papel e deullo para comer ó monstro para sacarse esa carga de enriba:


 













Tamén decoramos unhas caveiras que fixemos que cobrasen vida: 





Por último pasamos un gran día, para o que nos puxemos unhas vestimentas moi terroríficos, que aproveitamos para gravar unha curtometraxe:






4/12/16

Estamos de volta!

Xa estamos de volta, un curso máis e un moi importante. Xa somos os maiores do cole porque estamos na clase de 5 anos!.

Este curso imos gozar moito porque será o último que imos estar no cole.

Iremos actualizando o blog cos acontecementos máis importantes que estivemos celebrando neste primeiro trimestre.