21/1/17

USOS DA BIBLIO NO COLE

A biblioteca do cole é un lugar que nos gusta moito por ser un espazo moi diferente ó que estamos afeit@s. Non hai mesas por todo o espazo, é un espazo máis aberto, con sofás cómodos nos que poder ver contos, levar contos prestados a casa... pero ademais estámola utilizando para facer actividades en gran grupo, por exemplo: actividades a través da pantalla dixital que nos permite distribuírnos como queiramos, mesmo tirarnos no chan!, vemos xogos que traen os nosos compañeir@s relacionados co proxecto que construímos xuntos, vemos a película de playmobil da idade media que un compañeiro quixo compartir connosco, eliximos o conto que queremos levar para casa o fin de semana...


Lembramos que a biblioteca permanece aberta ous Luns, Martes e Mércores de 4 a 5 e que poden levar contos prestados para casa.


19/1/17

XOGOS DE LÓXICA - MATEMÁTICA

Durante o primeiro trimestre, estivemos xogando con distintos xogos que nos axudaban a traballar o pensamento lóxico-matemático dunha maneira divertida e en grupos pequenos onde nos axudamos mutuamente.

Algúns dos xogos que utilizamos foron:

- As series de números.
- A grafía - cantidade dos números con distintos materiais (rotuladores, plastilina...)
- Buscamos o resultado para as sumas, axudándonos cos dedos, bloques de construcións...
- Bautizamos un xogo co nome "O cabalo", que consiste en tirar o dado, decidir se avanzamos ou retrocedemos as casas que nos indican na nosa tablilla de números.
- Buscamos os amigos dos números a partir da descomposición na casiña dos números.
- Aprendemos a xogar ó dominó, que nos axuda a respectar as quendas
- A xogar á oca e "un pouco" ó parchís, que do mesmo xeito que o dominó, axúdanos a aprender a esperar a nosa quenda.



Durante este trimestre, iremos aumentando os nosos xogos!! 

16/1/17

NOVOS EQUIPOS E TAREFAS

Como empezamos un novo trimestre, cambiamos de equipos para poder interactuar con compañeir@s diferentes. Do mesmo xeito, cambiamos a nosa responsabilidade que, cando temrine o mes de xaneiro, cada un avaliaremos como se nos deu a nosa tarefa.

Os novos equipos que formamos foron:

- Equipo Do Nadal
- Equipo Papa Noel
- Equipo Elfo


Como se pode ver nos nomes dos novos equipos o nadal segue moi presente...

De momento estamos moi contentos coa nova distribución de mesas, equipos e compañeir@s!






UNHA SORPRESA DE PAPA NOEL

Á volta de vacacións atopámonos cunha gran sorpresa... Papa Noel deixáranos un agasallo!!

Tiña unha nota, primeiro a limos, despois abrímolo e descubrimos que era un xogo para o noso recuncho de lóxica-matemática.. Aprendemos xuntos a xogar e pasámonolo xenial!!