18/6/16

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Por fin chegou o día que tiñamos sinalado no almanaque da aula... o xoves a primeira hora da mañá saímos de Moaña no autobús para ir pasar o día no Camping Fieitás, no Gove.
Alí fixemos actividades e xogamos un montón, tamén tiñan unhas super camas elásticas nas que dar chimpos ata non poder máis. A hora da comida foi un momento agradable cos compis, despois de tanto movemento tiñamos moita fame e comemos moi ben.
Despois de repoñer forzas demos un pequeno paseo ata o bosque e desfrutamos da natureza e dos xogos.
Para rematar volvemos ao camping para tomar un bocata antes de ir ao autobús para marchar á casa.
Viñemos cansos pero valeu a pena. Aquí quedan unhas fotiños de recordo.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free picture slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario