Como sabedes este curso o proxecto do cole céntrase nas "Artes Plásticas". Comezamos por traballar os retratos e autorretratos pero con isto dos froitos de outono que estamos a ver, descubrimos outro xénero pictórico: os bodegóns.
Na pantalla dixital da biblioteca poidemos observar unha grande variedade de bodegóns. Resulta que neses cadros saían alimentos que uns días antes estiveramos manipulando na aula. Entón con algún que outro elemento máis (xerras, froiteiros, platos, culleres...) cada neno e nena elaborou o seu propio "bodegón de outono" escollendo o que precisaba para a súa obra de arte. Cando estaba rematada sacamoslle unha foto e o resultado poderase ver exposto no corredor do cole!!
Polo de agora podedes mirar unha pequena mostra do proceso de elaboración destes pequenos artistas.
![]() |
![]() |
This slideshow design made with Smilebox |
No hay comentarios:
Publicar un comentario