5/11/15

UNHA FESTA DE MEDO!

Xa podedes ver o ben que o pasamos nos obradoiros de Samaín. Tiñamos unha pequena variedade polos que ir pasando por turnos. O obradoiro de maquillaxe onde o que quixese podía elexir de que quería pintar a súa cariña. Outro era o da  apócema máxica para espantar os medos. Tratábase de mesturar os ingredientes, dicir as palabras máxicas e os que se atreveran tomar o brebaxe. O obradoiro de levar a castaña polo camiño dende a saída ata a meta empurrando co dedo intentando que a castaña non saíra por fóra. O obradoiro para elaborar e decorar a bolsiña de "trick or treat"onde gardar unhas chuches terroríficas. E por último o de encestar as castañas polos buratos das caixas de castaña e cabaza. A verdade é que desfrutamos moito e o tempo pasounos voando!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow generated with Smilebox

No hay comentarios:

Publicar un comentario